Que é FEGADACE?
É a Federación Galega de Dano Cerebral. Constitúese en maio de 2007 polas cinco asociacións existentes en Galicia. Estas son: Adaceco en A Coruña, Adace-Lugo en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago.
A nivel xeral, podemos afirmar que a Federación persegue a defensa dos intereses e, a mellora da calidade de vida, dos afectados galegos por dano cerebral e dos seus familiares. Asemade, pretende sensibilizar á sociedade en xeral con respecto ó alcance e á dimensión do problema, implicar ás institucións e cantas iniciativas se dirixan a resolver os problemas de rehabilitación, integración e normalización social.
Neste contexto, FEGADACE, nace co obxectivo de coordinar os esforzos das diferentes asociacións de dano cerebral de Galicia, canalizar as demandas do colectivo de persoas afectadas de dano cerebral na nosa comunidade ante a Administración e aportar solucións que contribúan a normalizar a situación destas persoas na sociedade.
Se queres poñerte en contacto con nós, podes chamarnos ó 659 177 709, escribirnos a fegadace@fegadace.org ou dirixirte persoalmente ó enderezo:
Casa das Asociacións
Rúa Manuel María, 6
2ª Planta - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
Visualizar nun mapa máis grande
Seguinte: Misión




