USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 

Aviso legal

O acceso á páxina de FEGADACE e á información relativa a calquera dos produtos e servizos contidos na mesma comporta a aceptación das condicións previstas no presente Aviso Legal. Por iso recomendámoslle que lea atentamente o seu contido se desexa acceder e facer uso da información e os servizos ofrecidos desde a páxina de FEGADACE.

L.S.S.I.-C.E.

A FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL (en diante FEGADACE), en cumprimento coa Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, informa de que:

  • A súa denominación é FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL.
  • O seu CIF é G70191051.
  • O seu teléfono de contacto é 659 177 709.
  • O seu domicilio ubícase na Rúa Manuel María, 6, 2º Andar, Despacho 2, 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña).
  • Está inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia co número 2007/000184-2 (SC).
  • E dispón do seguinte enderezo de correo electrónico de contacto: fegadace@fegadace.org.

Validez da información

A información contida nestas páxinas é a vixente na data da súa última actualización. As presentes condicións son as vixentes desde a data da súa última actualización. FEGADACE resérvase o dereito a modificalas en calquera momento; nese caso entrarán en vigor desde a súa publicación e serán aplicables a todas as persoas usuarias da páxina desde esa data. Os contidos da páxina, en especial as referencias informativas e publicitarias, salvo que se indique expresamente o contrario, non constitúen oferta vinculante. FEGADACE resérvase o dereito a introducir modificacións ou omitir parcial ou totalmente os actuais contidos da páxina de FEGADACE cando o considere oportuno, así como impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente.

Propiedade intelectual e usos

A páxina de FEGADACE, as páxinas que comprende e a información ou elementos contidos nas mesmas -que inclúe textos, documentos, fotografías, debuxos, representacións gráficas, bases de datos, programas informáticos, así como logotipos, marcas, ou outros signos distintivos-, son propiedade da Federación Galega de Dano Cerebral. Están sometidos á licenza CC BY-SA 4.0.

Esta licenza permite:

  • Compartir — copiar e redistribuír o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar e recrear sobre o material para calquera propósito, incluso comercialmente.

Nos seguintes termos:

  • Atribución — Debe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Compartir igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.
  • Sen restricións adicionais — Non pode aplicar termos legais ou medidas tecnolóxicas que legalmente impidan a outros facer algo que a licenza permite.

Responsabilidades

FEGADACE non garante o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e información contidos nas páxinas do portal de FEGADACE, que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias fóra do seu control. FEGADACE non é responsable da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros accesibles desde a páxina de FEGADACE mediante enlaces, hipervínculos ou links, nin da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros desde os que se acceda mediante enlaces, hipervínculos ou links á páxina de FEGADACE ou a calquera das súas páxinas web, nin da información e contidos de calquera páxina web de terceiros que se presente baixo a aparencia ou signos distintivos de FEGADACE, salvo autorización expresa desta última. FEGADACE e os seus proveedores de información como terceiras partes non asumen responsabilidade ningunha con relación á información, contidos de todo tipo, produtos e servizos ofertados ou prestados a través da páxina de FEGADACE por terceiras persoas ou entidades, aínda que pertenzan ao seu mesmo grupo, e, en especial, polos danos e prexuízos de calquera tipo que, vinculados ao anterior, poidan producirse por: (i) ausencia ou deficiencias na información facilitada ás persoas usuarias ou na súa veracidade, exactitude e suficiencia; (ii) incumprimento ou cumprimento defectuoso ou impuntual dos contratos ou relacións precontractuais; (iii) incumprimento das obrigas que incumben aos prestadores de servizos da sociedade da información; (iv) infracción dos dereitos dos consumidores e usuarios; (v) infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial; realización de actos de competencia desleal ou de publicidade ilícita; (vi) infracción do dereito de protección de datos; do segredo profesional e dos dereitos ao honor, á intimidade persoal e familiar e á imaxe das persoas; (vii) en xeral, o incumprimento de calquera lei, costume ou código de conduta que resulte de aplicación e (viii) calquera decisión tomada en dependencia da información fornecida a través da páxina de FEGADACE. Nin FEGADACE nin os proveedores de información como terceiras partes asumen responsabilidade ningunha por danos, prexuízos, perdas, reclamacións ou gastos, producidos por: (i) interferencias, interrupcións, fallos, omisións, avarías telefónicas, atrasos, bloqueos ou desconexións no funcionamento do sistema electrónico, motivadas por deficiencias, sobrecargas e erros nas liñas e redes de telecomunicacións, ou por calquera outra causa allea ao control de FEGADACE; (ii) intromisións ilexítimas mediante o uso de programas malignos de calquera tipo e a través de calquera medio de comunicación, tales como virus informáticos ou calquera outros; (iii) uso indebido ou inadecuado das páxinas web de FEGADACE; (iv) erros de seguridade ou navegación producidos por un mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas do mesmo.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org