USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 

Ictus, a principal causa do dano cerebral

Cando se produce un ictus é fundamental actuar rapidamente. Os avances en Neuroloxía permiten minimizar as súas secuelas se a intervención se produce nas primeiras tres horas pero, canto máis se tarda en aplicar o tratamento, máis risco hai de que esas secuelas permanezan coa persoa, provocándolle un dano cerebral adquirido.

A clave para unha rápida intervención é o coñecemento e identificación dos síntomas de alarma do ictus, e poñerse en contacto inmediato cos servizos de emerxencias (112) ou urxencias médicas (061).

FEGADACE creou -co apoio da Deputación da Coruña e coa colaboración de ADACECO e Sarela- a campaña 'Ictus, a principal causa do dano cerebral'. O seu obxectivo é contribuír a que a poboación se familiarice cos síntomas de alarma do ictus. Actuar canto antes axuda a salvar vidas e a frear o dano cerebral.

Esta campaña presentouse en Santiago e na Coruña en outubro de 2015.

Folleto

Páxina 1 do folleto Ictus, a principal causa do dano cerebral. Páxina 2 do folleto Ictus, a principal causa do dano cerebral.
Páxina 3 do folleto Ictus, a principal causa do dano cerebral. Páxina 4 do folleto Ictus, a principal causa do dano cerebral.

Cartel

Cartel da campaña Ictus, a principal causa do dano cerebral.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org