USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 

10º Aniversario

PASIÑO A PASIÑO FAISE O CAMIÑO

A Federación Galega de Dano Cerebral fai dez anos en 2017. Unha década de traballo para a constitución dunha entidade de referencia na que as cinco asociacións galegas de DCA puideran ter o seu espello, o seu paraugas e o seu faro. Dez anos de traballo arreo na posta en común de ideas, métodos de abordaxe do DCA, formación conxunta, preocupacións e reivindicacións cun obxectivo último: mellorar a calidade de vida das persoas e familias con dano cerebral adquirido.

O movemento asociativo do dano cerebral naceu, en Galicia, co século. No ano 2000 fundáronse as asociacións da Coruña (ADACECO), Santiago (Sarela) e Vigo (Alento). Pouco despois, en 2003, creábase Renacer en Ourense, e en 2006 nacía ADACE Lugo na cidade amurallada.

Son dez anos amodo, consolidando cada paso, sen estrés para previr o ictus, a 10 quilómetros por hora para evitar os accidentes de tráfico, freando cada causa de dano cerebral e cimentando cada avance na construción da Federación.

A conmemoración do décimo aniversario de FEGADACE vai estar presente en moitas das actividades de 2017. Os detalles iranse anunciando pouco a pouco, pasiño a pasiño, na web e redes sociais da Federación.

    • Pasiño a pasiño
 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org