USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 

Misión

Misión

FEGADACE é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter social promovida polas entidades de dano cerebral adquirido máis representativas de Galicia, que busca mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias nesta comunidade autónoma, así como defender os seus dereitos e ofrecerlles a oportunidade de desenvolvelos.

Ademais FEGADACE apoiará, promoverá, representará e coordinará a todas as entidades de dano cerebral adquirido que estean federadas, sendo coherente cos valores que defende e que definen a súa forma de traballar:

  • Unidade
  • Participación
  • Profesionalidade
  • Solidariedade
  • Integralidade
  • Transparencia
  • Reivindicación

Visión

FEGADACE quere consolidarse como unha organización representativa e referente do dano cerebral adquirido en Galicia. Un movemento que une a todas as persoas con DCA, ás súas familias e a todas as asociacións federadas, traballando nun modelo de atención sociosanitaria común, cun goberno corporativo, un equipo técnico e unha base social comprometida, que xestiona os recursos de forma profesional e racional, articulando as demandas de colectivo.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org