USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 

Premio FEGADACE-Miguel Blanco

O Premio FEGADACE ten a súa orixe nos recoñecementos entregados no I Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral a diferentes persoas especialmente implicadas no traballo das asociacións e ao psicólogo clínico Miguel Anxo García. Estes recoñecementos institucionalizáronse a través do premio, que recoñece o traballo e a traxectoria dun axente social implicado na defensa do colectivo e na sensibilización sobre o dano cerebral adquirido.

En 2016 a Xunta Directiva da Federación aprobou o cambio de nome do galardón para lembrar ao neurólogo Miguel Blanco, falecido repentina e prematuramente en outubro de 2015. Blanco dirixía a Unidade de Ictus do CHUS e foi un estreito colaborador da Federación, que lle quixo render homenaxe incluíndo o seu nome no premio, que el mesmo recibiu no ano 2014.

O Premio FEGADACE-Miguel Blanco entrégase anualmente. É costume que a persoa galardonada sexa a que fai a entrega do premio o ano seguinte.

IV Premio FEGADACE-Miguel Blanco (2016)

Dirección General de Tráfico (DGT)

Recollido por María Seguí, Directora Xeral da DGT. Recoñecemento polo labor de sensibilización para a prevención dos accidentes de tráfico e a drástica redución da sinistralidade viaria acadada grazas ás medidas e campañas da DGT.

III Premio FEGADACE (2015)

Fundación Barrié

Recollido por Javier López, Director Xeral, e por Isabel Pérez, Directora de Acción Social da Fundación Barrié. Motivado polo seu labor de apoio ao movemento asociativo do dano cerebral adquirido, que respaldou desde unha fase incipiente contribuíndo ao seu fortalecemento institucional e á visibilización das asociacións membro de FEGADACE e da discapacidade que representan, e axudando a incrementar a dimensión e a consolidar programas e servizos para a mellora da calidade de vida das familias e persoas con DCA.

II Premio FEGADACE (2014)

Miguel Blanco, neurólogo e coordinador da Unidade de Ictus do CHUS

FEGADACE agradeceu a implicación da Unidade de Ictus do CHUS, na altura a única en Galicia, e do seu director en particular, na prestación da mellor atención a pacientes e familiares, así como a eficacia no desenvolvemento do seu traballo ao iniciar a cadea da atención ao DCA salvando as vidas que, trala alta hospitalaria, reciben rehabilitación e apoio nas asociacións membro da Federación.

I Premio FEGADACE (2013)

Convivir en Igualdade (Radio Galega)

Recollido por Clara de Sáa, condutora de Convivir en Igualdade. A Federación recoñeceu o particular esforzo do programa por comprender a situación tanto das persoas con discapacidade como das asociacións que as representan, e o empeño por informar e concienciar sobre a nosa diversidade e problemática á sociedade galega.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org