USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 

Valores

Valores orientados á organización

Unidade

Traballamos desde a unidade. Entendémola como o desenvolvemento de accións e toma de decisións de forma consensuada e comprometida por parte de todas as entidades que conforman FEGADACE. Serán accións e decisións para a defensa dos dereitos das persoas con DCA e as súas familias.

Participación

Consideramos fundamental a participación de todas as persoas que conforman FEGADACE para fortalecer o movemento asociativo do dano cerebral adquirido en Galicia.

Participación interna e externa activa, en e coas entidades coas que se teñan fins similares aos reflectidos na nosa misión.

Profesionalidade

As decisións técnicas serán rigorosas e fundamentadas obxectivamente, sustentadas por criterios baseados nunha ética profesional que responda á misión da entidade.

Valores orientados ás persoas

Solidariedade

Coas persoas con dano cerebral adquirido e coas súas familias, nas súas reivindicacións por unha atención adecuada e unha sociedade máis inclusiva.

Integralidade

Como unha forma de intervención que pretende abordar a globalidade da problemática das persoas con dano cerebral adquirido, o seu contexto persoal, familiar, social e laboral.

Valores orientados á sociedade en xeral

Transparencia

Entendemos a transparencia como un exercicio de responsabilidade ante os nosos socios, colaboradores, voluntariado e demais grupos de interese.

Reivindicación

Como acción para a promoción e consecución dos dereitos e acceso efectivo das persoas con discapacidade en xeral, e especialmente das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org