USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 

Diversificación de fondos

FEGADACE conta con diferentes fontes de financiamento para o seu mantemento e o desenvolvemento das actividades coas que contribúe ao cumprimento dos seus obxectivos:

Fontes propias:

  • Cotas: Todas as entidades socias de FEGADACE abonan unha cota anual por seren membros da Federación.
  • Campañas de captación de fondos: FEGADACE desenvolve puntualmente actividades e campañas de captación de fondos.

Fontes públicas:

  • Convenio coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia: Asignación a través dos orzamentos xerais para a atención ao dano cerebral.
  • Deputación da Coruña: Convocatorias para asociacións sen fins de lucro.
  • Programa de Cooperación da Xunta de Galicia: Programa para o apoio na contratación de persoas inscritas no rexistro de demandantes de emprego.
  • Outras: Colaboración puntual coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do SERGAS, e coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, na organización de actividades formativas relacionadas co DCA. Tamén ten recibido pequenas axudas da Consellería de Sanidade.

Fontes privadas:

  • Doazón online: A Federación ten habilitado un espazo para a realización de doazóns a través da súa páxina web.

FEGADACE busca financiamento para diferentes programas, servizos e actividades a través da presentación de proxectos a fundacións, empresas e entidades privadas en xeral. Ten recibido financiamento da Obra Social La Caixa, da Fundación Barrié ou da Fundación Galicia Europa.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org