USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
09/04/2018
O órgano validou tamén a planificación de actividades para 2018.

A Asemblea de FEGADACE aprobou a Memoria e as Contas de 2017

A Asemblea Xeral Ordinaria de FEGADACE correspondente ao ano 2018 reuniuse o sábado, 7 de abril, en Santiago de Compostela. Representantes das xuntas directivas das cinco asociacións federadas, xunto coa de FEGADACE, déronse cita en Sarela para valorar e pechar o exercicio pasado e rematar coa planificación do actual.

Na Asemblea expuxéronse e aprobáronse os contidos da Memoria de Actividades de 2017 e o resultado das contas do mesmo exercicio. Con respecto a 2018, estudouse e tamén se aprobou o orzamento e a planificación de actividades e proxectos, que inclúe, como cada ano, accións para os diferentes actores da base social das entidades de DCA: persoas usuarias, familiares, profesionais, xuntas directivas...

Para pechar a Asemblea as persoas asistentes tiveron un espazo de encontro e coloquio no que puxeron en común o estado actual e perspectivas a curto e medio prazo tanto da Federación como de cada unha das asociacións.

O encontro finalizou pasado o mediodía. A continuación as persoas asistentes gozaron dun xantar conxunto.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org