USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
01/12/2017
Traslado da Casa das Asociacións a unha sede propia.

A Federación Galega de Dano Cerebral estrea nova oficina

No ano do décimo aniversario, FEGADACE deu un paso máis no seu afianzamento ao trasladar a súa sede a unha nova oficina, despois de varios anos compartindo espazo na Casa das Asociacións de Benestar Social de Santiago (CABES).

A nova oficina de FEGADACE atópase no nº 17 da céntrica rúa de Galeras, en Santiago de Compostela. A Federación ocupa a oficina 5 do 2º andar.

Este espazo conta con dous despachos e dúas zonas de traballo comúns, posibilitando o desenvolvemento dunha maior infraestrutura e a ampliación dos servizos da Federación.

O traslado realizouse o último día de outubro, e durante o mes de novembro foise acondicionando o local ata funcionar a pleno rendemento.

Categorías: FEGADACE
 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org