USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
13/03/2018
Reunión de FEGADACE, ADACECO e Sarela con responsables do COFC.

Acordo co Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña

O vocal de Oficinas de Farmacia do COFC, Carlos Varela, reuniuse onte na sé colexial co presidente de FEGADACE, Luciano Fernández; coa presidenta da Asociación Coruñesa de Dano Cerebral Adquirido (ADACECO), Carmen Fernández, e coa directora de Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela), Rocío García, para poñer en común as inquietudes e necesidades do colectivo e analizar a posibilidade de establecer unha liña de apoio e colaboración a través das oficinas de farmacia da provincia.

O COFC iniciou xa fai máis dunha década unha liña activa de colaboración coas asociacións da contorna sociosanitaria do ámbito coruñés e, concretamente, foi en 2013 cando subscribiu un acordo de colaboración cunha das entidades que traballan con persoas con dano cerebral adquirido, concretamente ADACECO.

Trala reunión mantida onte o colectivo ofreceu ás asociacións a posibilidade de dispoñer de apoio técnico, a realización de accións conxuntas e, sobre todo, a posibilidade de facer unha campaña divulgativa que dea visibilidade ás persoas con DCA e aos servizos que presta a súa contorna asociativa para atendelaos conxuntamente coa súa contorna familiar.

Esta é a segunda dun ciclo de xuntanzas que FEGADACE está a manter cos colexios provinciais de Farmacia para promover que desenvolvan, en alianza coas asociacións de DCA (tamén provinciais), accións de sensibilización sobre esta discapacidade. A primeira reunión tivo lugar o 6 de marzo en Lugo.

*Información cedida polo COFC.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org