USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
17/10/2016
FEGADACE e as súas asociacións programan máis de 30 eventos.

Actividades polo Día do Dano Cerebral e o Día do Ictus

O programa de actividades conmemorativas polo Día do Dano Cerebral (26 de outubro) e o Día do Ictus (29 de outubro) comeza esta semana e vaise estender ata o día 31 do mes, con máis de 30 citas programadas e oito localidades.

Os actos centrais de FEGADACE desenvólvense nos días sinalados cun acto na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, e coa organización dun coloquio sobre o Ictus no día mundial desa doenza, que é a principal causa do DCA. Ademais, está previsto que no Día do Dano Cerebral se faga unha lectura simultánea do manifesto ás 12:00 nas sete cidades.

A continuación detállase a lista completa de citas:

Mércores, 19/10

  • Renacer. Mesa informativa e promoción do espectáculo 'The Rebel' [10:00 a 20:00]. Rúa do Paseo (á altura do Banco de España). Ourense

Domingo, 23/10

  • ADACECO. Mesa informativa, mercadiño solidario e actividades 'Ponte no meu lugar' [10:00 a 14:00]. Praza de Vigo. A Coruña
  • ADACECO. Boccia [11:30]. Praza de María Pita. A Coruña

Martes, 25/10

  • Alento. Exposición de produtos elaborados en Alento. Casa do Concello. Vigo
  • Renacer. Espectáculo 'The Rebel' (O Rebelde), unha ópera rock de Iván & Miguel Caride, a beneficio de Renacer. Entrada solidaria: 15 euros [20:30]. Auditorio Municipal. Ourense
  • Sarela. Curso da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS): 'A rehabilitación física e psíquica no dano cerebral adquirido': 'Familia e dano cerebral adquirido'. Rocío García Calvo, psicóloga/neuropsicóloga de Sarela [11:30 a 12:30]. ACIS (Edificio CNL, Avda. Fernando de Casas Novoa, 37, Portal A-B, 1º andar). Santiago de Compostela
  • Sarela. Curso da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS): 'A rehabilitación física e psíquica no dano cerebral adquirido': 'Recuperación das funcións da linguaxe. A fala e a deglución'. Ruth González Viña, logopeda de Sarela [18:30 a 19:30]. ACIS (Edificio CNL, Avda. Fernando de Casas Novoa, 37, Portal A-B, 1º andar). Santiago de Compostela

Mércores, 26/10. Día do Dano Cerebral

  • FEGADACE e Sarela. Lectura do Manifesto do Día do Dano Cerebral por parte de José Balboa, presidente de Sarela [12:00]. Praza do Obradoiro (diante do Pazo de Raxoi). Santiago de Compostela
  • FEGADACE. Mesa Informativa [10:30 a 13:30]. Hospital Arquitecto Marcide. Ferrol
  • FEGADACE. Lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral [12:00]. Hospital Arquitecto Marcide. Ferrol
  • FEGADACE e Alento. Mesa Informativa [10:30 a 13:30]. Hospital Provincial. Pontevedra
  • FEGADACE. Lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral [12:00]. Hospital Provincial. Pontevedra
  • ADACECO. Xornada de deporte adaptado cosas asociacións e institutos da cidade [10:00 a 14:00]. Xardíns de Méndez Núñez. A Coruña
  • ADACECO. Lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral [12:00]. Palco dos xardíns de Méndez Núñez. A Coruña
  • ADACECO. Mesa informativa [14:00 a 19:00]. El Corte Inglés. A Coruña
  • ADACECO. Mesa informativa [09:00 a 14:00]. Obelisco. A Coruña
  • ADACECO. Mesa informativa [09:00 a 19:00]. Hospital Universitario. 7º andar. A Coruña
  • ADACE Lugo. Mesa informativa. Venda de rosas, pulseiras e globos morados [10:30 a 13:30]. Praza de España. Lugo
  • ADACE Lugo. Lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral [12:00]. Praza de España (diante da Casa do Concello). Lugo
  • ADACE Lugo. Mesa informativa. Venda de rosas, pulseiras e globos morados [10:30 a 13:30]. Hospital. Lugo
  • ADACE Lugo. Mesa informativa. Venda de rosas, pulseiras e globos morados [16:30 a 19:30]. Centro Comercial As Termas. Lugo
  • Alento. Xornada de Portas Abertas [10:00 a 13:00]: Lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral [12:00], Concerto de corda [12:00]. Alento. Vigo
  • Alento. Obradoiro de Risoterapia aberto á veciñanza [16:30 a 19:00]. Alento. Vigo
  • Renacer. Mesa informativa [10:00 a 20:00]. Rúa do Paseo (á altura do Banco de España). Ourense
  • Renacer. Lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral [12:00]. Rúa do Paseo (á altura do Banco de España). Ourense
  • Renacer. Actuación musical solidaria de 'Víctor e Gabi' [19:00]. Rúa do Paseo (á altura do Banco de España). Ourense
  • Renacer. Mesa informativa [10:00 a 13:00]. CHUO. Ourense
  • Sarela. Mesa informativa e reparto de dípticos nos servizos de referencia [10:00 a 13:00]. Hospital Clínico. Santiago de Compostela
  • Sarela. Visita das persoas usuarias do Centro de Atención Diúrna Terapéutica ao Parlamento de Galicia [11:00 a 13:00]. Santiago de Compostela

Xoves, 27/10

  • ADACECO. Representación da obra de teatro [19:30]. CSC Os Mallos. A Coruña
  • Alento. O grupo de menores infractores de Arela coñecerán as consecuencias reais dos accidentes de tráfico xunto ás persoas usuarias de Alento [10:00 a 13:00]: Chegada e círculo [10:30], Terapia canina [11:30], Obradoiros (boccia, pintura e coiro) [12:00], Café (tempo de descanso). Alento. Vigo
  • Sarela. 38º Congreso Nacional SEMERGEN. Mobilización solidaria a través dun Flashmob con FEDACE [12:00]. Facultade de Medicina (Rúa de San Francisco, s/n). Santiago de  Compostela
  • Sarela. Obradoiro da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns: 'Rehabilitación e fisioterapia en dano cerebral'. Susana Suárez Álvarez, fisioterapeuta de Sarela [16:30 a 19:30]. Viveiro de Empresas (Praza Padre José Rubinos, 21). Porto do Son

Venres, 28/10

  • Alento. Mesa informativa [10:30 a 13:00]. Hospital Álvaro Cunqueiro. Vigo
  • Alento. Mesa informativa [10:30 a 13:00]. Hospital de Montecelo. Pontevedra
  • FEGADACE e Sarela. Mesa informativa [10:00 a 13:00]. Hospital Clínico. Santiago de Compostela
  • Sarela. Concerto Solidario da Coral Amigos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago [19:30 a 20:30]. Conservatorio Profesional de Música (Rúa do Monte dos Postes, s/n). Santiago de Compostela

Sábado, 29/10. Día do Ictus

  • FEGADACE. Coloquio sobre o ictus [12:30 a 13:30]. Afundación (Rúa do Vilar, 19). Compostela

Luns, 31/10

  • Alento. II Alento na Rúa. Iniciativa de obradoiros abertos no barrio e para o barrio [10:00 a 12:30]. Obradoiros coas persoas usuarias (pódese ver como se traballa dentro de Alento), Obradoiros abertos á participación (nos que calquera persoa poder participar xunto coas persoas usuarias) e Obradoiros con nenos/as (as persoas usuarias de Alento ensinarán aos/ás nenos/as a facer as actividades dos seus obradoiros). Alento. Vigo

Multimedia

Cartel Día do Dano Cerebral 2016

Cartel elaborado por FEDACE para o Día do Dano Cerebral 2016.

Cartel coloquio Día Mundial do Ictus

Cartel que anuncia o coloquio que organiza FEGADACE o 29 de outubro en Santiago de Compostela polo Día Mundial do Ictus, no que se abordará esta doenza desde a perspectiva médica, familiar e persoal, e no que se presentará o Plan Ictus do Sergas.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org