USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
07/11/2017
Xornada sobre alimentación segura e eficaz para persoas con DCA.

Alento pon en marcha a EscuelaDCA en Vigo

A Asociación Alento pon en marcha a EscuelaDCA, un proxecto a través do cal se pretendese mellorar a formación sobre o Dano Cerebral Adquirido (DCA) de familias, persoas con DCA e profesionais.

A primeira inicitiva de formación, enmarcada dentro deste proxecto, será unha xornada sobre 'Alimentación segura e eficaz en persoas con dano cerebral', impartida por Teresa Pérez Peleteiro, Logopeda de Alento.

Nesta xornada traballaranse de forma práctica os seguintes contidos:

  • Que coñecemos de... Deglución normal / Disfaxia?
  • Aprendemos e practicamos: Pautas de alimentación segura: Postura, Utensilios; Texturas: volume e viscosidade, 'Cata de texturas'; Hixiene bucal; Alimentos a evitar; Sonda de alimentación; Alternativas á nutrición para persoas con dificultades de deglución.

Realizaremos esta xornada de formación en dúas sesións, unha de mañá e outra de tarde, coa fin de favorecer que participe o maior número de persoas posible:

  • SESIÓN DE MAÑÁ: 15 de novembro de 10:30 a 12:00 horas.
  • SESIÓN DE TARDE: 16 de novembro de 17:00 a 18:30 horas.

Toda a información sobre esta Xornada Formativa está aquí.
Ficha de Inscrición aquí.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org