USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
07/02/2018
Programas financiados polas asociacións galegas de DCA.

Apoio a familias e inclusión social coa X Solidaria

As asociacións galegas de dano cerebral continúan a ser beneficiarias da convocatoria de subvencións que todos e todas as contribuíntes financian marcando a X Solidaria na declaración da renda. A transferencia ás comunidades autónomas da competencia sobre esta convocatoria provocou, iso si, unha merma no volume de ingresos dos programas de atención ao DCA. Se ben a Consellería de Política Social se comprometera a manter os mesmos fondos que se viñan recibindo, o movemento asociativo do dano cerebral obtivo case 4.000 euros menos que os anos anteriores.

ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela axudarán a financiar en 2018, grazas a este apoio solidario, os seus programas de Información e Apoio a Familias e de Autonomía e Inclusión Social. Son os mesmos programas que viñan financiando ata agora, mentres a convocatoria foi estatal e realizada a través de FEDACE. Este ano é o primeiro no que os fondos se distribúen a través de FEGADACE.

Programas de apoio ás persoas e familias con DCA

O programa de Información e Apoio a Familias proporciona apoio ás persoas con DCA e aos coidadores/as para se adaptaren á nova situación. Desde as asoaciacións achégase información legal, sobre axudas e recursos, e tamén apoio psicolóxico individual e grupal. Este programa está dotado con 109.011,80 euros.

O programa de Autonomía e Inclusión Social, pola súa banda, repercute directamente sobre a persoa con DCA, ofrecéndolle un reforzo rehabilitador desde o punto de vista da funcionalidade nas actividades da vida diaria (o vestido, a hixiene, a alimentación, o manexo do diñeiro, a orientación...). Este servizo préstase a través do perfil profesional da terapeuta ocupacional, e recibiu un apoio de 44.787,40 euros.

Ademais dos devanditos programas, as asociacións membro de FEGADACE tamén contribuíron a financiar, grazas aos fondos procedentes da X Solidaria, a construción dos centros de Alento (Vigo) e Sarela (Compostela).

X Solidaria

Marcando o cadro de fins sociais na declaración da renda non se paga máis nin se recibe menos devolución; simplemente se ten a posibilidade de decidir que facer co 0,7% dos impostos. Ao facelo, axúdase a financiar miles de proxectos sociais en todo o Estado.

Multimedia

Mapa de programas X Solidaria

Mapa de programas financiados con cargo á recadación obtida a través da X Solidaria.

X Solidaria

A traballadora social de Sarela, Eugenia Veloso, explica un dos efectos positivos dos programas financiados grazas ao IRPF nas asociacións de dano cerebral.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org