USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
05/06/2018
Fin de semana de lecer e inclusión nas Rías Baixas.

As persoas usuarias de Renacer foron de respiro á costa

As persoas usuarias da Asociación de Dano Cerebral de Ourense, Renacer, participaron na última fin de semana de maio na actividade de respiro familiar, que as levou a O Grove.

A saída tivo lugar o 31 de maio e o 1 de xuño. Sete persoas con DCA, acompañadas de catro profesionais de apoio, desprazáronse ao Grove e visitaron Sanxenxo, a illa da Toxa, o museo da Salazón e o Acuario.

Esta actividade está organizada por Renacer e finánciase co apoio do convenio que FEGADACE ten coa Consellería de Política Social.

O respiro familiar serve para favorecer o descanso das persoas coidadoras, ao tempo que favorece a inclusión das que teñen dano cerebral adquirido.

Multimedia

Respiro familiar de Renacer

Xogando ao futbolín no respiro de Renacer.

Respiro familiar de Renacer

De paseo pola praia.

Respiro familiar de Renacer

Tomando algo despois de xogar ao futbolín.

Respiro familiar de Renacer

Visita ao museo da Salazón (O Grove).

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org