USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
24/07/2017
Consellos para gozar do verán previndo o dano cerebral.

Aviso: a Federación pecha por vacacións en agosto

A Federación Galega de Dano Cerebral descansa en agosto. Aproveitando o peche da Casa das Asociacións de Benestar Social de Santiago (CABES), onde ten a súa sede, FEGADACE dedica o mes estival para o descanso do seu persoal. O último día de traballo será o 31 de xullo, e a actividade retornará o 1 de setembro.

As asociacións de FEGADACE tamén aproveitan agosto para coller vacacións. ADACECO vai permanecer pechada do 14 de agosto ao 3 de setembro; ADACE Lugo estará pechada do 1 ao 25; Alento descansa do 28 de xullo ao 29 de agosto; e Renacer colle as vacacións do 1 ao 27 de agosto.

Prevención en período estival

As asociacións descansamos, pero prevención do dano cerebral non para.  Aquí van algúns consellos para adaptar as medidas preventivas ás diferentes causas do DCA:

  • Prevención do afogamento. Hospitales Nisa achega algúns consellos para extremar a precaución no baño.
  • Condución segura. Consellos para adaptarse ás condicións meteorolóxicas e evitar accidentes proporcionados pola Fundación Mapfre.
  • Guía para usuarios/as da bicicleta. A DGT expón como conducir con seguridade un medio de transporte que gaña usuarios/as co bo tempo.
  • Golpe de calor. Hidratarse, protexer a pel e evitar expoñerse nas horas máis quentes do día son algúns dos consellos do Ministerio de Sanidade, que se deben reforzar no caso de persoas maiores ou doentes crónicos/as.
  • Dieta. Unha alimentación equilibrada é fundamental para controlar a principal causa do DCA: o ictus. No verán non se debe perder este hábito saudábel. EFE facilita algúns consellos.

Turismo accesíbel

Cando todas as medidas de prevención están claras, é hora de buscar destino para viaxes e excursións. Estas dúas ligazóns ao antigo blog de FEGADACE achegan recursos accesíbeis para as persoas con mobilidade reducida e outras discapacidades:

*Imaxe extraída de Pixabay con licenza CC0.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org