USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
14/11/2017
Orientado á inserción sociolaboral das persoas con DCA.

Balance do Servizo de Atención Diúrna Ocupacional de Sarela

O Servizo de Atención Diúrna Ocupacional de Sarela comezou a súa andaina en novembro de 2016. Estes meses desde a súa posta en marcha implicaron un traballo intenso ao non existir ata este momento un centro deste tipo orientado ás persoas con dano cerebral adquirido que buscaban normalizar a súa vida sociolaboral. Foron meses de axustes e  de dar a coñecer o servizo pero tamén de éxitos, os que representan as seis insercións acadadas entre as persoas que participaron nas súas actividades.

O traballo que Sarela realiza no SADOC (Servizo de Atención Diúrna Ocupacional) ten dous destinatarios: as persoas con DCA que potencialmente poden ser usuarias do mesmo e, por outro, as empresas e entidades que traballan na inserción sociolaboral. Nestes meses Sarela presentou o seu servizo a 18 empresas e entidades co obxectivo de dalo a coñecer e buscar posibles empregos para os/as usuarios/as.

Traballo individualizado

Noelia Parente, coordinadora do SADOC de Sarela, considera que o noso obxectivo é “favorecer a inserción sociolaboral porque moitas persoas con DCA poden volver a traballar, na súa ocupación anterior ou noutra nova, e este servizo ofrece continuidade á súa rehabilitación”.

É por iso que o traballo individualizado é fundamental. A participación pode ser presencial no centro ou de orientación pero tendo como obxectivo prestar os apoios que cada persoa precise en función das súas capacidades, habilidades etc.

A presencial é unha liña de traballo máis intensa e nos días que as persoas asisten a Sarela realizan actividades en grupo en tres bloques fundamentais: axuste persoal, habilidades sociais e inserción sociolaboral. Desenvolven actividades moi variadas que poden ir desde a formación en diferentes materias ata o fomento de capacidades necesarias para a busca de emprego, como pode ser a preparación de entrevistas persoais, e para a incorporación ao traballo como é a xestión do seu horario etc.

Resultados

Nestes meses, once persoas foron usuarias deste servizo. Realizáronse seis insercións en sectores como a administración, servizos ou transporte, e unha persoa mellorou as súas condicións na empresa familiar. No traballo realizado para esas insercións houbo contacto directo e coordinación coas empresas contratantes para, por exemplo, realizar a adaptación do posto onde foi preciso e unha comunicación fluída para facer o seguimento.

Dúas persoas tamén recibiron apoio nos estudios (unha preparando oposicións e outra para obter o título da ESO) asumindo desde o SADOC a coordinación co Servizo de orientación e profesorados así como cos responsables dunha academia.

*Información extraída da páxina web de Sarela.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org