USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
11/10/2017
Calcúlase que en Galicia hai 35.000 persoas con dano cerebral.

Cada ano prodúcense 7.000 novos casos de DCA

Como discapacidade recente que é, o Dano Cerebral Adquirido está pouco estudado a nivel cuantitativo. Existen poucas fontes de datos que acheguen información fiábel sobre a cantidade real de persoas con DCA que hai en Galicia. A máis recente destas fontes é un informe elaborado por FEDACE coa colaboración do Real Patronato sobre Discapacidad e titulado Las personas con Daño Cerebral Adquirido en España. Presentouse no Día do Dano Cerebral de 2015 no IMSERSO.

O informe de FEDACE é a primeira fase dun estudo sociodemográfico máis amplo. Aínda así, recolle os datos máis exactos e actualizados (2010-2012) dos que dispoñemos, que indican que hai unhas 35.000 persoas con dano cerebral en Galicia, e que cada ano se producen arredor de 7.000 novos casos, clasificados por causas. Máis detalladamente:

  • Incidencia:

Cadro incidencia DCA

  • Prevalencia:

Cadro prevalencia DCA

Este informe é o máis completo ata o momento, á espera de que o INE publique a súa próxima Enquisa sobre Discapacidade, na que está a traballar.

Os datos manexados nos últimos dez anos

Nos dez anos de historia de FEGADACE as fontes informativas sobre o DCA reducíronse a dous estudos con data aproximada na fundación da Federación. O primeiro deles é o estudo Daño Cerebral Sobrevenido en España: Un acercamiento epidemiológico y sociosanitario, realizado polo Defensor del Pueblo no ano 2006 (coa colaboración de FEDACE), que, durante moitos anos, foi o documento de referencia para todo o movemento asociativo.

A continuación chegaron os datos do INE de 2008, en base aos que a investigadora Martha Quezada publicou o artigo El Daño Cerebral Adquirido: principales resultados a partir de la Encuesta sobre Discapacidad, Autonomía Personal y Situaciones de Dependencia del INE-2008. Recolleuno o Boletín do Observatorio Estatal de la Discapacidad (número 3, xuño de 2011).

Estudando o ictus para avanzar na investigación sobre o impacto

Un dos obxectivos estratéxicos de FEGADACE é a investigación, e unha das súas principais preocupacións, poder chegar a cada galego ou galega con DCA. Para unir ambas motivacións, a Federación traballa actualmente, co apoio da Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, e coa colaboración da Sociedade Galega de Neuroloxía, no estudo 'Analizando o coñecemento da diagnose e recursos das persoas con DCA, medindo a cobertura das necesidades do colectivo', que pretende servir de base para a realización dun estudo epidemiolóxico sobre o dano cerebral en Galicia.

Multimedia

Infografía - O DCA hoxe en España

Documento gráfico que recolle as principais cifras de incidencia e prevalencia do dano cerebral adquirido a nivel estatal.

Informe 'Principales resultados a partir de la Encuesta EDAD-2008'

Artigo 'El Daño Cerebral Adquirido (DCA) en España: principales resultados a partir de la Encuesta EDAD-2008' elaborado por Marta Quezada en 2011 con datos do INE de 2008.

Informe Defensor del Pueblo (2006)

Informe 'Daño Cerebral Sobrevenido en España: un acercamiento epidemiológico u sociosanitario' elaborado polo Defensor del Pueblo en 2006.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org