USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
12/06/2017
Presentouse a nova xerente e incorporouse a asociación AFADACS.

Celebrada a Asemblea Xeral de FEDACE en Madrid

Unha nutrida delegación do movemento asociativo do dano cerebral en Galicia participou o sábado 10 de xuño na Asemblea Xeral de FEDACE, que tivo lugar en Madrid. Asistiron o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández -que tamén preside a Federación Estatal-, a súa coordinadora, Lucía Mendoza, a membros das xuntas directivas de case todas as asociacións galegas de DCA.

A reunión contou cun completo programa que incluíu importantes novidades, como a designación dunha nova xerente, Mar Barbero, e a aprobación da entrada dunha nova asociación na Federación. Reservouse un oco para a despedida de Valeriano García, o xerente anterior, e para saudar a AFADACS (Asociación de Familias Afectadas de Daño Cerebral Sobrevenido de Torrejón de Ardoz).

Ademais, a Asemblea de FEDACE aprobou o Plan Estratéxico 2017-2021, presentado o día anterior nunha xornada informativa destinada a debatilo. Acordouse abrir novos grupos de traballo e de seguimento, como o de comunicación, e establecer contacto coa Fundación Barrié para colaborar cunha consultoría externa sobre ese mesmo campo.

A maiores, aprobáronse a memoria e as contas de 2016, así como o plan de actuación e orzamento de 2017, e axustáronse os novos estatutos por requirimento do Rexistro de Asociacións.

Eis a nova misión do movemento asociativo do dano cerebral:

*Fotografía de FEVADACE.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org