USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
19/10/2016
O 29 de outubro en Santiago de Compostela.

Coloquio 'Ictus en primeira persoa'

'Ictus en primeira persoa' é o título do coloquio que FEGADACE organiza o día 29 de outubro, e no que se vai tratar a doenza desde tres puntos de vista diferentes: o médico, o da familia, e o da propia persoa. FEGADACE organiza esta charla, na que tamén se vai introducir o Plan Ictus do Sergas, con motivo do Día Mundial do Ictus.

O coloquio vai ter lugar no Auditorio de Afundación da rúa do Vilar, 19, en Santiago de Compostela, de 12:30 a 13:30 hh., o sábado 29 de outubro.

En primeiro lugar, o coordinador de Urxencias do CHUAC e vicepresidente de SEMES Galicia, José Manuel Fandiño, vai facer unha breve introdución sobre o funcionamento do Código Ictus (que é o nome que recibe o mecanismo de atención de emerxencias) e unha presentación do Plan Ictus, proxecto de sensibilización e prevención do accidente cerebrovascular da Consellería de Sanidade.

A continuación, o achegamento ao ictus farase desde unha perspectiva máis persoal, reunindo tres puntos de vista. Susana Arias, neuróloga da Unidade de Ictus do CHUS e membro da Sociedade Galega de Neuroloxía (SGN), vai falar sobre a parte clínica. Fernando Galdo, membro da Xunta Directiva de ADACE e coidador da súa nai, vai falar da súa experiencia como familiar dunha persoa que tivo un ictus. Por último, Juan Luis Delgado, directivo de ADACECO, vai expoñer a súa propia experiencia durante e despois do ictus.

Outras acitividades polo Día do Ictus

Ademais do amplo programa de conmemoracións polo Día do Dano Cerebral de FEGADACE e das súas asociacións, a Federación organiza actividades específicas polo Día do Ictus.

A máis importante é o coloquio, pero FEGADACE organiza tamén, en colaboración coa SGN e con Sarela, unha mesa informativa o día 28. Durante toda a mañá, as tres entidades estarán no recibidor do CHUS, en Santiago de Compostela, informando sobre o ictus, os seus síntomas de alarma, e os mecanismos de prevención.

Multimedia

Cartel coloquio Día Mundial do Ictus

Cartel que anuncia o coloquio que organiza FEGADACE o 29 de outubro en Santiago de Compostela polo Día Mundial do Ictus, no que se abordará esta doenza desde a perspectiva médica, familiar e persoal, e no que se presentará o Plan Ictus do Sergas.

Cartel Día do Dano Cerebral 2016

Cartel elaborado por FEDACE para o Día do Dano Cerebral 2016.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org