USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
08/02/2018
FEDACE presenta dous vídeos en colaboración coa DGT.

'Conduce a túa vida': historias para previr o DCA

Dun cerebro roto nace un novo proxecto de vida. Iso sábeno Julio, da asociación APANEFA, en Madrid; e Julián, de DACE Sevilla. Ambos viviron experiencias similares que desembocaron en Dano Cerebral Adquirido: un accidente de tráfico, un traumatismo cranioencefálico e as súas consecuencias en forma de dependencia. Tralo impacto inicial, superar un proceso de rehabilitación e aprender a vivir con secuelas diversas; chegou un momento no que reconstruír un proxecto de vida para o futuro. Moitas persoas con DCA deciden dedicar o seu tempo a previr novos casos desta discapacidade, que cada ano impacta en máis de 104.000 familias aínda cando se estima que o 80% dos casos son evitables: os ictus a través da vida saudable e os traumatismos cranioencefálicos seguindo normas básicas de seguridade, tanto no ámbito vial como no laboral e o doméstico.

Julio e Julián son parte dos 70 voluntarios e voluntarias que participan en charlas de prevención do Dano Cerebral Adquirido por accidente de tráfico. Este ano, ademais, son protagonistas de 'Conduce a túa vida', dous vídeos de prevención viaria que apoian o labor realizado polas entidades federadas. Cada ano, as asociacións de FEDACE imparten máis de 300 charlas a 11.000 persoas, principalmente en colexios e institutos. A estas charlas acoden un profesional da asociación e unha persoa con Dano Cerebral Adquirido voluntaria; que comparte a experiencia do accidente de tráfico e o dano cerebral posterior tras unha explicación en detalle por parte do profesional do que é o dano cerebral.

O proxecto é posible grazas á colaboración da Dirección Xeral de Tráfico pero, de forma esencial, grazas á participación das persoas con Dano Cerebral Adquirido, dispostas a dar o seu tempo para sensibilizar ás persoas máis novas. "A miña familia sufriu moito, e non quero que ninguén máis volva sufrir así", conta Julián mentres que, pola súa banda, Julio destaca: "Non puiden gozar da infancia dos meus fillos". Son motivos dabondo para evitar o Dano Cerebral Adquirido e aportar o valor do seu testemuño neste programa que anima aos mozos a conducir a súa vida e manter o control do seu proxecto vital. O obxectivo: que o Dano Cerebral Adquirido non irrompa para rompelo.

*Información, imaxe e vídeos de FEDACE.

Multimedia

Conduce tu vida

Tu vida es todo. Prevenir el Daño Cerebral Adquirido y elegir cómo construir tu proyecto de vida es posible.

Conduce tu vida, evita los accidentes de tráfico.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org