USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
04/10/2017
O neuropsicólogo do CEADAC estará na Xornada sobre o DCA do día 27.

Conferencia de Álvaro Bilbao sobre familias e rehabilitación

Álvaro Bilbao, neuropsicólogo no Centro Estatal de Referencia de Atención al Daño Cerebral (CEADAC) e coñecido investigador e divulgador, vai ser o encargado de dar a primeira conferencia na Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido que FEGADACE organiza o vindeiro 27 de outubro en Compostela.

O título da súa ponencia é 'Rehabilitación DCA: que esperan as familias?'. Nela achegará a súa experiencia á hora de afrontar as expectativas das familias perante o proceso de rehabilitación da persoa con dano cerebral. A preparación para a nova realidade creada pola discapacidade, e a estruturación do labor de coidados de cara a protexerse da frustración, serán parte dos contidos da conferencia.

Álvaro Bilbao é neuropsicólogo e psicoterapeuta. Formando na Universidade de Deusto, no Hospital Johns Hopkins, no Instituto Kennedy Krieger e no Royal Hospital for Neurodisability de Londres, ten traballado como investigador sobre o desenvolvemento e envellecemento do cerebro, tratando de achegar respostas sobre como coidar este órgano vital.

Ademais de exercer como neuropsicólogo no CEADAC, dá aulas en diferentes universidades, e é autor de varios libros sobre o dano cerebral adquirido, o cerebro, a memoria ou o crecemento. É colaborador habitual do movemento asociativo do DCA, e tamén xestiona o blog Salud cerebral, con consellos relacionados coas súas áreas de traballo, tests, bibliografía, e unha área que recolle os seus cursos e conferencias.

*A inscrición na #XornadaDCA é aberta e gratuíta ata completar aforo; pode tramitarse aquí.

Multimedia

Cartel Xornada sobre o DCA

Cartel da xornada (27/10/2017), na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19), en Santiago.

Programa Cartel Xornada sobre o DCA

Programa da xornada (27/10/2017), na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19), en Santiago.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org