USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
07/02/2018
Alento colaborou na elaboración da escala CAVIDACE, que se presenta no encontro.

Congreso sobre calidade de vida e dano cerebral

Alento, a asociación de dano cerebral de Vigo, xunto con outras entidades membro de FEDACE, leva desde 2015 participando nun proxecto de investigación para a elaboración e validación dunha escala para avaliar a calidade de vida das persoas con dano cerebral. Este proxecto é unha iniciativa do Instituto Universitario de Integración na Comunidade (Inico), da Universidad de Salamanca, no que tamén colabora o Centro de Referencia Estatal de Atención al Daño Cerebral (CEADAC).

Nestes anos a escala aplicouse a unha mostra dunhas 400 persoas con DCA, o que permitiu testar a súa fiabilidade como elemento de avaliación. A súa utilidade reside na posibilidade tanto de medir a calidade de vida da persoa con dano cerebral, como de comparala con situacións pasadas e/ou futuras, e con outros grupos poboacionais.

A escala, denominada CAVIDACE, vaise presentar este 22 de febreiro nun congreso titulado 'Dano cerebral e calidade de vida. XI Seminario de Actualización en Investigación sobre Discapacidade'. O congresto vai ter lugar na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Salamanca. A inscrición é aberta, destinada tanto a alumnado, profesorado e persoal investigador como a profesionais que traballan co DCA ou calquera outro/a interesado/a. Ten unha cota de 50 euros.

No congreso van participar representantes do movemento asociativo do DCA, como a directora de FEDACE, Mar Barbero, ou a neuropsicóloga de Ateneu Castelló (unha das entidades implicadas, como Alento, na validación da escala), Dolors Safont. A escala vai ser presentada por Miguel Ángel Verdugo, catedrático de Psicoloxía da Discapacidade da Universidade de Salamanca.

O programa completo pode consultarse aquí.

Multimedia

Calidade de vida e DCA

Tríptico que anuncia o programa completo do congreso sobre Calidade de vida e dano cerebral que vai ter lugar en Salamanca o 22 de febreiro.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org