USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
15/06/2017
Antonio Cid e José Manuel Prado súmanse á actividade.

Dous deportistas paralímpicos xogarán á boccia na Xuntanza

Os campións de boccia Antonio Cid e José Manuel Prado van acompañar este sábado a FEGADACE na Xuntanza de Persoas e Familias con Dano Cerebral Adquirido. En concreto, estarán no torneo de boccia que a Federación organiza pola mañá, en colaboración coa Festa do Deporte do Concello de Santiago de Compostela.

Antonio Cid foi medallista paralímpico en Barcelona 1992 (ouro), Atlanta 1996 (ouro), Sidney 2000 (prata) e Atenas 2004 (bronce). Foi galardoado coa Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia e coa Real Orden al Mérito Deportivo do Consejo Superior de Deportes.

José Manuel Prado [na fotografía, de DXTAdaptado.com, xogando á boccia] participou nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012 e Rio 2016, e o ano pasado proclamouse por oitava vez Campión de España de boccia.

A boccia é un deporte mixto deseñado para persoas con discapacidade aceptado como deporte paralímpico dende 1984. Conta con grande éxito entre as persoas con dano cerebral adquirido, que se verán reforzadas este sábado coa presenza dos dous campións.

O torneo vai ter lugar nas pistas de tenis 3 e 4 do Campus Vida entre as 11:45 e as 13:45, como parte da programación da Xuntanza de Persoas e Familias con Dano Cerebral Adquirido.

Esta actividade está incluída tamén no programa da Festa do Deporte que organiza o Concello de Santiago de Compostela o mesmo sábado. FEGADACE e a Federación Galega de Deporte Adaptado son as dúas entidades que achegan á programación disciplinas pensadas para persoas con discapacidade.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org