USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
04/06/2018
Formación e reflexión sobre calidade de vida e DCA.

'Encontro de Profesionais' das asociacións de FEGADACE

A gran maioría de profesionais das asociacións de FEGADACE vaise dar cita este sábado nun encontro destinado á formación e reflexión sobre 'Calidade de vida e dano cerebral'. O Encontro de Profesionais vai ter lugar en Santiago, nas instalacións de Sarela.

A xornada de traballo empeza cunha charla da profesora de psicoloxía e investigadora do Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO, dependente da Universidade de Salamanca), Alba Aza Hernández, que falará sobre 'Calidade de vida e dano cerebral adquirido'. A profesora Aza forma parte do equipo do INICO que desenvolveu a Escala CAVIDACE, que serve para medir a calidade de vida en persoas con DCA.

Alento, a asociación de dano cerebral de Vigo, foi unha das asociacións de FEDACE que participaron na elaboración e validación da mencionada escala. Van realizar unha presentación do seu Modelo de Calidade de Vida, que articula a totalidade do proceso de intervención en alento, e os seus profesionais serán os encargados de moderar unha serie de grupos de traballo multidisciplinares nos que se reflexionará conxuntamente sobre a medición da calidade de vida e a aplicación do modelo de Alento.

Por último, haberá unha sesión de posta en común dos grupos de traballo e un xantar de despedida.

Está previsto que asistan ao encontro ata 66 profesionais de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer, Sarela e FEGADACE (dun total de 75 traballadores/as das asociacións e a Federación). Os seus perfís cobren o espectro total co que contan as entidades: psicoloxía / neuropsicoloxía, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, traballo social, educación social, auxiliares de clínica, monitores/as de tempo libre, persoal de administración e xestión económica, condutores/as, comunicación e dirección.

Multimedia

Encontro de Profesionais de FEGADACE

Cartel co programa do Encontro de Profesionais (Santiago, 09/06/2018).

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org