USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
19/06/2018
Programa de respiro familiar financiado a través do convenio con Política Social.

Excursión de 12 persoas de Alento polo Val Miñor

O programa de respiro familiar que as asociacións de dano cerebral están a desenvolver grazas ao convenio que FEGADACE mantén coa consellería de Política Social levou a 12 persoas usuarias de Alento polo Val Miñor.

A saída organizouse en dúas tandas. A primeira excursión tivo lugar o 25 e 26 de maio, e a segunda na primeira fin de semana de xuño. O programa foi compartido: aloxáronse no Pazo Pías, na Ramallosa, onde tamén cearon despois de dar un paseo por Nigrán.

O segundo día desprazáronse a Baiona, onde fixeron a ruta de Monte do Boi. Xantaron na mesma localidade e tamén fixeron unha pequena camiñada polo casco vello da vila antes de regresaren a Vigo.

O respiro familiar é unha actividade de lecer que potencia a inclusión, habilidades sociais e outras capacidades das persoas con DCA, ao tempo que posibilida o descanso das persoas coidadoras.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org