USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
11/06/2018
Pódense achegar candidaturas ata o día 22 de xuño.

FEGADACE busca consultora para realizar un estudo SROI

FEGADACE busca un equipo ou persoa consultora para a realización dun estudo de medición de impacto / retorno social dos servizos prestados nas súas asociacións federadas, baseado na metodoloxía SROI (Retorno Social do Investimento).

Grazas ao apoio da Fundación Barrié e da Fundación Roviralta, a Federación Galega de Dano Cerebral ten a oportunidade, ao longo de 2018, de levar a cabo un estudo sobre o retorno social do investimento na atención a persoas con DCA.

O documento que se pode consultar ao final recolle os termos de referencia para todas aquelas persoas e/ou entidades que queiran achegar ofertas para a realización do estudo.

O prazo límite para a recepción de candidaturas é o 22 de xuño; poden achegarse a través do enderezo fegadace@fegadace.org ou entregándoas nas instalacións da Federación, en Santiago.

*Imaxe extraída de Pixabay con licenza CC0.

Multimedia

Termos de referencia consultoría SROI

Termos de referencia para a presentación de candidaturas para a realización dun estudo de medición do retorno social do investimento na atención ao DCA. Prazo aberto ata o 22 de xuño de 2018.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org