USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
30/11/2017
Organizada para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade.

FEGADACE participa na mostra 'CapacitARTE' do CERMI Galicia

FEGADACE participa na exposición colectiva 'CapacitARTE. Así somos, así o facemos', que o CERMI Galicia inaugurou onte en San Caetano na compaña do presidente da Xunta de Galicia e do conselleiro de Política Social. A exposición permanecerá no patio interior da pirámide do edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, ata finalizar o ano.

Esta exposición está composta por 21 paneis informativos sobre as diferentes discapacidades, elaborados por cada unha das entidades membro do CERMI Galicia. FEGADACE achegou dous paneis nos que se pode ler información sobre o dano cerebral, ver cinco fotografías de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela, e obter información sobre as causas do DCA, nomeadamente o ictus. O propósito da mostra é a sensibilización, aproveitando a conmemoración, o 3 de decembro, do Día Internacional da Discapacidade.

A vicepresidenta de FEGADACE, Luisa Ramírez, e a coordinadora da Federación, Begoña Hermida, asistiron onte, 29 de novembro, ao acto de inauguración, no que tamén estiveron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, o presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha, e representantes das demais entidades membro da rede da discapacidade galega.

Máis información na páxina web da Xunta de Galicia.

 

Multimedia

Inauguración CapacitARTE

A vicepresidenta de FEGADACE, Luisa Ramírez, e a coordinadora, Begoña Hermida, diante dos paneis de FEGADACE na mostra CapacitARTE.

Inauguración CapacitARTE

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a vicepresidenta de FEGADACE, Luisa Ramírez.

Panel de FEGADACE en CapacitARTE

Panel de FEGADACE na exposición CapacitARTE, do CERMI Galicia.

Panel de FEGADACE en CapacitARTE

Panel de FEGADACE na exposición CapacitARTE, do CERMI Galicia.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org