USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
15/05/2018
Acto de presentación na sede da Fundación Barrié (A Coruña).

FEGADACE participa no programa Más Social 2018-2019

A Federación Galega de Dano Cerebral é unha das 45 entidades seleccionadas pola Fundación Barrié como beneficiarias da súa convocatoria Más Social Conecta 2018-2019. En concreto, FEGADACE poderá beneficiarse do servizo de consultoría para a elaboración dun Plan de Comunicación Externa.

Ademais da Federación, case todas as asociacións galegas de dano cerebral adquirido participan en Más Social, especialmente nos programas de formación. En concreto, ADACECO, Alento, Renacer e Sarela son beneficiarias da convocatoria.

Más Social é un programa da Fundación Barrié destinado ao fortalecemento do Terceiro Sector de acción social. A convocatoria 2018-2019 está centrada na mellora da comunicación externa das entidades, con servizos de formación, desenvolvemento web e mentoring para community manager.

Ao acto de presentación do programa asistiron máis de 100 profesionais de todas as entidades beneficiarias. A vicepresidenta, Luisa Ramírez, e a responsable de comunicación, Irene Cancelas, participaron en representación de FEGADACE, acompañadas das directoras de ADACECO e de Renacer e de dous técnicos de Alento. A xornada tivo lugar o 14 de maio pola mañá na sede coruñesa da fundación.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org