USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
01/06/2016
O persoal das asociacións asistiu a un curso organizado por FEGADACE.

Formación para profesionais sobre sexualidade e dano cerebral

Os equipos profesionais das cinco asociacións galegas de dano cerebral asistiron este sábado -28 de maio- a un curso sobre Sexualidade e Dano Cerebral Adquirido que se desenvolveu en Santiago de Compostela, nas instalacións de Sarela. Esta acción formativa forma parte da programación anual de FEGADACE e está destinada a mellorar a atención, educación e apoios que desde as asociacións se prestan á sexualidade das persoas con DCA.

A docente convidada foi Natalia Rubio, presidenta da asociación Sexualidad y Discapacidad e psicóloga, sexóloga e pedagoga. Ao londo da xornada, dividida en sesións de mañá e tarde, desenvolveu un intenso programa que se iniciou cunha aproximación ao concepto de sexoloxía. Describiu o papel dos diferentes perfís profesionais implicados no apoio a nivel sexual das persoas con DCA, analizou as demandas que adoitan presentar e como se debe intervir sobre as mesmas, detívose na adaptación de contornos e xestión de tempos e espazos a nivel de intimidade e límites corporais.

Aportou pautas de actuación perante as condutas inadecuadas a través de exemplos e situacións concretas, e continuou cunha introdución á programación en educación sexual cun enfoque centrado sempre na persoa (idade, capacidades, tipo de afectacións, contorno familiar...). A xornada pechouse con asesoramento concreto para a intervención con familias, parellas, outros axentes sociais, e outros perfís profesionais.

Os contidos do curso servirán para que cada asociación os poida implantar aos seus perfís tanto de usuarios/as como de socios/as. Participaron un total de 33 profesionais das asociacións federadas. Unha das principais preocupacións de FEGADACE é a formación continua dos seus equipos profesionais para mellorar de maneira constante a atención ás persoas con dano cerebral adquirido, posibilitando na medida do posíbel o exercicio dos seus dereitos.

Multimedia

Curso Sexualidade e DCA

Natalia Rubio amosa diferentes maquetas do corpo humano durante o curso.

Curso Sexualidade e DCA

A presidenta de Sexualidad y Discapacidad, Natalia Rubio, durante o curso sobre sexualidade e DCA.

Curso Sexualidade e DCA

Membros dos equipos profesionais das asociacións que asistiron á actividade formativa.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org