USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
04/07/2016
Celebrado o sábado 2 de xullo na Coruña.

Galería de imaxes do V Foro de Familias

O Paraninfo da Universidade da Coruña acolleu, o sábado 2 de xullo, a quinta edición do Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral. A continuación preséntase unha colección de imaxes dos mellores momentos do encontro.

Multimedia

IV Premio FEGADACE-Miguel Blanco

Galardón entregado á DGT polo seu labor de prevención dos accidentes e redución da sinistralidade.

Apertura do Foro de Familias

Juan Luis Delgado, vicepresidente de ADACECO, diríxese ás persoas asistentes ao Foro de Familias na presenza de Natalia Rubio, de 'Sexualidad y Discapacidad'.

Obradoiro de Sexualidade e DCA

Natalia Rubio, da asociación 'Sexualidad y Discapacidad', durante o obradoiro de Sexualidade e DCA.

Descanso

Recibidor do Paraninfo da UdC, durante un descanso do Foro de Familias.

As asociacións coa directora xeral da DGT

De esquerda a dereita, Luisa Ramírez (vicepresidenta de FEGADACE), Juan Luis Delgado (vicepresidente de ADACECO), José Balboa (presidente de FEGADACE), Concha Otero (vicepresidenta de Sarela), María Seguí (directora xeral da DGT) e Luciano Fernández (presidente de FEDACE).

Público do Foro de Familias

Persoas asistentes ao V Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral, no Paraninfo da Universidade da Coruña.

Entrega do IV Premio FEGADACE-Miguel Blanco

Acto de entrega do IV Premio FEGADACE-Miguel Blanco, con Isabel Pérez, da Fundación Barrié, María Seguí, da DGT, Fidel Castro, de FEGADACE, e Susana Bembribe, viúva de Miguel Blanco (de esquerda a dereita).

María Seguí

María Seguí (segunda pola esquerda) agradece a concesión do Premio FEGADACE-Miguel Blanco á DGT, na presenza de Isabel Pérez, da Fundación Barrié, Fidel Castro, de FEGADACE, e Susana Bembribe, viúva de Miguel Blanco.

Clausura do V Foro de Familias

Acto de clausura do Foro de Familias, con Rocío Fraga (concelleira de Igualdade da Coruña), Javier Abad (secretario xeral técnico da Consellería de Política Social), José Balboa (presidente de FEGADACE), Luciano Fernández (presidente de FEDACE) e Juan Luis Delgado (vicepresidente de ADACECO).

Foro de Familias

Foto de familia con Luciano Fernández (FEDACE), José Balboa (FEGADACE), María Seguí (DGT), Fidel Castro (FEGADACE), Susana Bembribe (viúva de Miguel Blanco), Rocío Fraga (Concello da Coruña), José Manuel Vázquez (FEGADACE), Isabel Pérez (Fundación Barrié) e Luisa Ramírez (FEGADACE).

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org