USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
13/04/2018
Aprobada no Parlamento de Galicia a proposta do BNG.

Iniciativa para evitar as listas de espera na rehabilitación

Recollendo as demandas do tecido asociativo e dos colectivos implicados no tratamento do dano cerebral adquirido, a portavoz parlamentaria de sanidade do BNG, Montse Prado [na imaxe], solicitou na Cámara recoñecer a categoría diagnóstica de dano cerebral adquirido que active o proceso de rehabilitación especializada nada máis recibir a alta hospitalaria, garantir que esta rehabilitación se poda recibir sen listas de espera para evitar efectos negativos na persoa afectada.

A proposta do Bloque recibiu o apoio parcial de todos os grupos no relativo a instar ao Goberno a adoptar as medidas oportunas para evitar listas de espera na rehabilitación deste colectivo, pero o PP impediu co seu voto en contra que prosperasen o resto de medidas recollidas na proposición non de lei nacionalista.

En concreto, o veto dos populares botou por terra a petición a proposta de poñer en marcha unha estratexia integrada de atención ás persoas afectadas por dano cerebral adquirido (DCA), que en Galiza teñen 35.000 persoas, que inclúa tanto coidados sanitarios como psicolóxicos e de inclusión social e laboral, a través de medidas coordinadas entre todas as administracións implicadas.

Igualmente, a proposta do Bloque inclúe a elaboración dun censo de persoas con DCA que permita dimensionar de forma acaída os recursos necesarios para darlle a mellor atención.

"É a primeira causa de discapacidade ou dependencia en persoas adultas tras un ictus, traumatismos cranioencefálicos ou tumores", indicou Prado, quen salientou os "importantes avances na atención que reciben as persoas afectadas no momento do trauma pero hai moito que mellorar na fase posterior a recibir a alta para afrontar os problemas derivados do DCA, secuelas como perda de capacidade motriz, de comunicación ou variacións no carácter".

"Hai que mellorar esa atención porque os tempos de valoración da discapacidade e de acceso a unha rehabilitación especializada efectiva son moi dilatados, aparte de que non existe un recoñecemento pleno desta doenza nin desde o punto de vista xurídico, laboral, administrativo", explicou a deputada nacionalista.

*Información extraída da páxina web do BNG.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org