USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
10/10/2017
Apoiado pola Fundación La Caixa, vaise desenvolver nas cinco cidades.

Inicio do proxecto de apoio entre persoas maiores e con DCA

FEGADACE puxo en marcha, o pasado 4 de outubro, o seu proxecto para a creación de 'Redes de apoio mutuo entre persoas maiores e con DCA', que conta co apoio da Fundación La Caixa, e que se vai desenvolver desde este outubro ata xullo de 2018.

Este proxecto ten como obxectivo promover a independencia, a autonomía persoal e a calidade de vida das persoas maiores e das persoas con discapacidade a través da creación dunha rede de apoio mutuo na que persoas con dano cerebral adquirido e persoas maiores colaboren, a través do voluntariado, para fortalcer a súa contorna relacional e diminuír o illamento social.

O proxecto arrincou cunha xuntanza das persoas responsábeis de voluntariado das cinco asociacións membro de FEGADACE coa coordinación da Federación. Na reunión reformulouse o número beneficiarios/as e definíronse os perfís das persoas que van participar, así como os mecanismos de captación de persoas voluntarias.

Durante a execución do proxecto desenvolveranse varias accións formativas sobre voluntariado e sobre as características específicas de cada un dos colectivos implicados. A idea é que as persoas con DCA apoien a persoas maiores en situación de illamento, mentres que os e as maiores de 65 anos achegan os seus coñecementos e capacitación profesional ás asociacións e persoas con dano cerebral.

O convenio que rexe o apoio da Fundación La Caixa asinouse en xuño; La Voz de Galicia publicou esta información sobre o proxecto nese mesmo mes.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org