USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
09/01/2018
Datos da Macroenquisa realizada en 2015 pola Delegación do Goberno para este asunto.

O 10% das mulleres con discapacidade sufriu violencia de xénero

Unha de cada dez mulleres con discapacidade "sufriu violencia de xénero", foi agredida "pola súa parella ou polo seu coidador, que, en moitos casos, é a mesma persoa". A taxa de maltrato chega a duplicar á de persoas sen diversidade funcional.

Se o 3,9% delas recoñece ser agredida sexualmente por unha parella ou ex, a porcentaxe chega ao 9% no caso de mulleres con discapacidade. Se o 4,7% das españolas recoñecen ter recibido unha malleira do seu ex, entre as que teñen discapacidade chega ao 11%.

Son datos da Macroenquisa que en 2015 realizou a Delegación do Goberno para Violencia de Xénero e así o resaltou Esther Castellanos, coordinadora da Fundación CERMI Mulleres. Ela foi a encargada de impartir un curso a persoal técnico, sanitario e policial para detectar "o maltrato invisible destas mulleres, que sofren unha dobre victimización". Así o explicou a directora do Instituto Asturiano da Muller, Almudena Cueto, encargada de abrir as xornadas.

Fíxoo xunto á presidenta de Cocemfe, Mónica Oviedo, quen recordou o traballo que a entidade leva realizando desde fai anos "para detectar a violencia de xénero entre as mulleres con discapacidade". Unha violencia moito máis difícil de detectar pola "gran dependencia que moitas mulleres con discapacidade teñen do seu agresor, xa que exerce a función de coidador", explicou Oviedo.

Iso leva a que, pese a que as mulleres con discapacidade só supoñan o 10% do total da poboación feminina en España, "o número de mulleres con discapacidade asasinadas sexa do 5 e do 6%», explicou Castellanos.

*Información extraída do boletín Generosidad do CERMI.

Categorías: Discapacidade
 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org