USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
12/03/2018
Desenvolven adestramento físico coas persoas con dano cerebral.

O alumnado de INEF fai prácticas na asociación ADACECO

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO, mantén un acordo coa Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física, comunmente coñecida como INEF, a través do que recibe alumnado en prácticas no seu centro de día.

As prácticas estanse a desenvolver desde febreiro e durarán ata maio. O alumnado en formación ofrece 6 horas semanais de adestramento persoal para as persoas usuarias de ADACECO, con actividade física adaptada ás súas necesidades.

O beneficio é mutuo, xa que o estudantado contribúe á súa formación mentres as persoas con dano cerebral adquirido melloran a súa condición física.

Multimedia

Actividade física

Actividade física co alumnado en prácticas de INEF.

Actividade física

Actividade física co alumnado en prácticas de INEF.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org