USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
06/10/2017
ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela suman 1.735 persoas.

O número de persoas socias duplicouse en 10 anos

FEGADACE reúne ás cinco asociacións galegas de dano cerebral; son, pois, elas, as socias da Federación, que, ata o momento, non conta con asociados e asociadas nominais.

Así, a base social de FEGADACE constitúena as persoas e familias socias das cinco entidades, que creceron moitísimo nestes dez anos de historia da Federación. Hoxe en día as asociacións suman 1.735 persoas socias, máis do dobre das 769 que tiñan en 2007.

ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, pasou de 280 persoas socias a 424. ADACE Lugo reune agora mesmo a 302 persoas socias, partindo de 68 en 2007. En Vigo, Alento pasou de 144 membros a 319. Polo que respecta a Renacer, a asociación ourensá, medrou de 80 socios/as a 152. Por último, a Asociación dea Dano Cerebral de Compostela Sarela pasou de 197 persoas socias en 2007 ás 538 actuais.

A referencialidade da Federación, unida ao efecto das campañas conxuntas de sensibilización e información, así como a traxectoria de prestixio na atención ao DCA en Galicia, demostrada diariamente perante as familias, e tamén perante a adminsitración, son a causa deste crecemento. O movemento asociativo do dano cerebral continúa, iso si, despois deste 10º Aniversario, a traballar con decisión para conseguir chegar ás 35.000 persoas con DCA que hai en Galicia.

*Fotografía extraída de Pixabay con licenza CC0.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org