USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
31/07/2017
Actividade para o descanso das persoas coidadoras.

O respiro familiar levou a ADACECO á Costa da Morte

O respiro familiar descentralizado que FEGADACE organiza en 2017 tivo a súa última parada na Costa da Morte. As persoas usuarias de ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, fixeron unha completa excursión o pasado 15 de xullo. O grupo acadaba as 23 persoas, contando coas profesionais acompañantes.

A xornada incluíu visitas a Vimianzo, Camariñas e Camelle. Na primeira das localidades visitaron o Castelo de orixe medieval. En Camariñas achegáronse ao Museo do Encaixe e realizaron unha visita guiada polo porto, para despois desprazárense ao Cabo Vilán. Nesta mesma vila foi onde fixeron o xantar. Por último, antes de volver á Coruña, estiveron en Camelle visitando o 'Museo de Man, o alemán de Camelle'.

O respiro é unha actividade ideada para o descanso das coidadoras e coidadores, que se aproveita para fomentar a inclusión social e o goce da convivencia e do lecer por parte das persoas con dano cerebral adquirido.

O programa de respiro que FEGADACE ensaia en 2017 ten unha nova fórmula: está descentralizado en datas e localidades, de maneira que cada entidade pode escoller o seu propio destino e datas de saída.

Multimedia

Respiro familiar de ADACECO

Visita ao Cabo Vilán.

Respiro familiar de ADACECO

Visita guiada polo porto de Camariñas.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org