USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
10/11/2017
Apenas 23 delas cobren o servizo a xornada completa.

Os centros de día para DCA contan con 73 prazas concertadas

Un centro de día é un recurso social que proporciona atención integral e especializada ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias.

Os centros de día son fundamentais na fase crónica ou de estabilización, cando as persoas con DCA seguen requirindo rehabilitación (tanto para a mellora como para o mantemento de funcións), pero tamén un espazo desde o que se favoreza a súa a súa inclusión e no contexto no que se traballe con outras secuelas do dano cerebral.

Ademais, constitúen un recurso de apoio ás familias, que poden descansar do labor de coidados durante o tempo de atención do centro de día, o que lles permite desenvolver actividades tan básicas como ter un traballo.

Concerto público

Un centro de atención diúrna terapéutica conta con multiplicidade de servizos profesionais (fisioterapia, logopedia, traballo socia, psicoloxía, enfermaría, etc.), ademais dunha ratio establecida dos tempos de atención de cada perfil en función do número de persoas usuarias. O resultado é que as prazas son moi caras, inalcanzábeis para unha economía familiar media -que ademais xa se acaba de ver afectada pola chegada da discapacidade, co que iso implica (perda de emprego, maiores gastos, adaptacións do fogar...).

Perante esta situación, e dada a carencia de centros públicos, os concertos de prazas son fundamentais, e constitúen unha das reivindicacións nas que o movemento asociativo do dano cerebral leva traballado nos últimos anos.

Desde a fundación de FEGADACE, hai dez anos, conseguiuse o concerto público de 73 prazas (50 delas a media xornada) nas cidades de Lugo, Santiago e Vigo. Sarela (Compostela) foi a primeira entidade que logrou concertos. En 2009 concedíanselle 12 prazas, ás que se sumaron outras 11 en 2015. Conta, en total, con 23 prazas de centro de día a xornada completa.

No ano 2013, coa estrea do seu novo centro, as persoas usuarias de Alento comezaron a beneficiarse deste servizo. Hoxe son 40 as prazas do centro vigués, se ben todas elas proporcionan un servizo a media xornada. Por último, no 2015, as prazas concertadas chegaron a Lugo. Desde esa data, ADACE Lugo (na imaxe, o seu centro de día) conta con 10 prazas concertadas, tamén a media xornada.

Pola súa banda, as asociacións da Coruña (ADACECO) e Ourense (Renacer) non contan aínda con concerto, se ben proporcionan, no primeiro caso, o servizo de centro de día a nivel privado e, no segundo, diferentes actividades de inclusión.

FEGADACE e as súas asociacións continuarán, sen esquecer a batalla pola creación de centros públicos, proporcionando uns servizos da máxima calidade e demandando que os concertos de prazas se incrementen ata chegar a atender ás 35.000 persoas con DCA que hai en Galicia.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org