USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
11/06/2018
Asistiron 66 persoas das cinco asociacións e da Federación.

Os equipos profesionais fórmanse en calidade de vida e DCA

Un total de 66 membros dos equipos profesionais de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer, Sarela e FEGADACE participaron este sábado nun encontro formativo sobre calidade de vida e dano cerebral adquirido. A xuntanza tivo lugar nas instalacións de Sarela, en Santiago de Compostela.

O Encontro de Profesionais de FEGADACE iniciouse ás 10:00 cunha charla de Alba Aza, investigadora do INICO (Instituto Universitario de Integración na Comunidade), dependente da Universidade de Salamanca. O INICO desenvolveu e presentou a primeiros deste ano a Escala CAVIDACE, que serve para medir a calidade de vida en persoas con dano cerebral adquirido. Alba Aza realizou unha presentación da metodoloxía e da formulación teórica da escala.

A continuación, a coordinadora do centro de día de Alento, Laura Ramírez, e o director da asociación, Gonzalo Mira, realizaron unha intervención na que presentaron a aplicación da escala e do modelo de atención baseado na calidade de vida na súa entidade. Alento leva anos implicada no desenvolvemento e pilotaxe da Escala CAVIDACE. A exposición de Laura e Gonzalo centrouse nos criterios que empregan para aplicar o modelo e nos problemas que se levan atopado desde que decidiron removar todo o seu sistema de atención.

Tras un pequeno descanso, sete profesionais de Alento e a investigadora Alba Aza moderaron oito grupos de traballo nos que se afondou nas dimensións da calidade de vida sobre as que se estrutura a escala CAVIDACE, sempre desde o punto de vista da aplicación no día a día das asociacións de DCA:

  • benestar emocional
  • relacións interpersoais
  • benestar material
  • desenvolvemento persoal
  • benestar físico
  • autodeterminación
  • inclusión social
  • dereitos

Para esta sesión creáronse grupos de traballo nos que se mesturaron profesionais de diferentes disciplinas e asociacións. Para rematar a xornada, a totalidade de asistentes volveron reunirse en sesión plenaria para compartir tres breves conclusións por cada grupo de traballo. Por último, os e as profesionais das asociacións tiveron a oportunidade de participar nun xantar conxunto, tamén nas instalacións de Sarela.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org