USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
13/04/2018
O Parlamento de Galicia esixe á Xunta a redución das listas de espera.

Petición de reforzo dos equipos de valoración da discapacidade

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) celebrou a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de Lei (PNL) do Grupo Socialista para pedirlle ao goberno galego o reforzo dos equipos de valoración da discapacidade para reducir as listas de espera.

En concreto, o texto aprobado pola Cámara autonómica recolle que "o Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a incrementar o número de postos de traballo dos equipos de valoración da discapacidade da nosa Comunidade Autónoma, co obxectivo de eliminar a lista de espera antes de finais de novembro de 2018, tanto nas solicitudes como nas revisiones das valoracións da Discapacidade".

Trátase dunha demanda sostida no tempo por parte do sector social da discapacidade na Comunidade Autónoma, polo que CERMI Galicia agradece que o Grupo Socialista formule esta proposta, que á súa vez contou cun amplo consenso entre as diferentes formacións políticas do arco parlamentario.

En opinión de CERMI Galicia, é necesario reducir notablemente as listas de espera para que quen agarda a que se valore o seu grado de discapacidade non teña que enfrontarse ás actuais listas de espera, que lles ocasiona demoras e complica aínda máis a súa día a día de xeito innecesario.

*Na imaxe figuran representantes do CERMI Galicia e do Grupo Socialista. Á dereita, o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org