USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
28/12/2017
Financiado pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta.

Proxecto para medir o retorno social do investimento no DCA

FEGADACE acaba de ser seleccionada, xunto con outras sete entidades sociais, como beneficiaria da convocatoria de proxectos que a Fundación Barrié e a Fundación Roviralta impulsan para fortalecer ás organizacións participantes en Más Social. As dúas fundacións destinan, con esta iniciativa, un total de 50.000 euros a diferentes proxectos de atención social en Galicia.

En 2018 a Federación Galega de Dano Cerebral porá en marcha un proxecto de medición do 'Retorno social do investimento en atención sociosanitaria a persoas con DCA e ás súas familias'. Trátase do primeiro estudo sobre o retorno do investimento social e económico en servizos e recursos de apoio e atención ao dano cerebral adquirido en Galicia. O obxectivo do proxecto é medir o impacto, a través do retorno social do investimento, dos programas de atención ambulatoria, rehabilitación funcional, inclusión social e apoio psicolóxico, información e asesoramento a familias que desenvolven as cinco asociacións galegas de dano cerebral.

Esta é a terceira convocatoria de proxectos impulsada por Fundación Barrié e Fundación Roviralta. Ten como obxectivo facilitar apoio económico a proxectos sociais das entidades que particpan en Más Social, o programa de profesionalización do terceiro sector da Fundación Barrié. FEGADACE está a ser beneficiaria de Más Social este ano (a través do proxeto de renovación de páxina web) e xa recibiu apoio da convocatoria de Barrié e Roviralta para o desenvolvemento do estudo sobre 'Recursos de atención ao ictus'.

Os proxetos seleccionados nesta convocatoria teñen dotacións entre os 2.900 e 9.800 euros e van ser desenvolvidos, ademais de por FEGADACE, pola Asociación de pais de persoas con trastorno do espectro autista da Coruña (ASPANAES); a Asociación unidade de tratamento do alcohol e condutas adictivas Luis Moras (UTACA); a Federación de Asociacións de persoas xordas de Galicia; a Federación Galega de Esclerose Múltiple; a Fundación Ingada e a Fundación Meniños.

*Máis información na páxina web da Fundación Barrié.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org