USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
08/05/2018
Fin de semana de lecer para as persoas máis dependentes da entidade.

Respiro familiar de ADACE Lugo no albergue de Gandarío

O respiro familiar é unha actividade que beneficia enormemente a dous colectivos. Por unha banda, ás persoas con dano cerebral adquirido, que gozan dunha fin de semana de lecer e turismo. Pola outra, ás familias, e moi especialmente ás persoas coidadoras principais, que gañan un tempo de descanso e desconexión.

Con ese dobre obxectivo, ADACE Lugo desprazou a pasada fin de semana a 11 das súas persoas usuarias ao albergue de Gandarío, en Bergondo (A Coruña). Entre o venres e o domingo, que regresaron a Lugo, fixeron unha excursión a Sada, visitaron a Casa da Auga da Coruña e participaron en diferentes actividades como a "busca do tesouro" ou un obradoiro de camisetas.

As persoas máis dependentes teñen deste xeito a oportunidade de compartir unha parte do seu tempo libre afastadas das súas familias, fomentando as súas habilidades sociais e inclusión. É unha actividade moi demandada que as asociacións de DCA procuran organizar unha vez ao ano.

Este respiro familiar organizouse coa colaboración do convenio que a Consellería de Política Social ten con FEGADACE, que conta como obxectivo xeral co de contribuír a mellorar as condicións de vida das persoas con dano cerebral e das súas familias.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org