USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
01/12/2017
Encontros de traballo en novembro en Santiago de Compostela.

Reunión da Xunta Directiva e Asemblea Extraordinaria

O sábado 25 de novembro tivo lugar en Santiago unha Asemblea Xeral Extraordinaria de FEGADACE. Á reunión, realizada en Sarela, asistiron os membros da Xunta Directiva da Federación e os presidentes e presidentas das súas cinco asociacións.

Na asemblea modificáronse os estatutos para oficializar o traslado da sede social de FEGADACE á súa nova oficina, na rúa Galeras, tamén en Santiago. Ademais, estudouse o resultado da aplicación dos criterios de reparto do convenio coa Consellería de Política Social para a súa aprobación.

A preparación desta xuntanza tivo lugar na reunión de Xunta Directiva que tivo lugar o venres, 17 de novembro, na sede de FEGADACE.

Categorías: FEGADACE
 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org