USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
08/05/2018
FEGADACE traballa na xeración de novas alianzas.

Reunións cos colexios de farmacia de Ourense e Pontevedra

FEGADACE pechou esta semana a súa rolda de reunións cos colexios oficiais de Farmacia das catro provincias despois de manter, o luns, unha xuntanza en Ourense.

Reunión en Ourense

O presidente da Federación, Luciano Fernández, e a coordinadora de proxectos, Begoña Hermida, xunto coa directora de Renacer, Noelia Luque, visitaron onte a sede do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense. Entrevistáronse co presidente, Vicente Jairo Álvarez, e coa secretaria técnica, Aránzazu Blanco. A xuntanza foi unha primeira toma de contacto para estudar posibles alianzas a nivel provincial coa entidade de DCA de referencia, Renacer. Ademais, presentaron a problemática do dano cerebral adquirido e a situación das familias e persoas con esta discapacidade en Galicia.

Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra

A semana pasada, o 2 de maio, foi a quenda do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra. As persoas representantes de FEGADACE entrevistáronse coa presidenta da entidade, Alba Soutelo. Nesa ocasión estiveron acompañados por Gonzalo Mira, director de Alento, e Jesús Vílchez, vogal da Asociación de Dano Cerebral de Vigo.

Os contidos da reunión foron similares; presentouse ao Colexio a realidade do DCA en Galicia e tratáronse posbilidades de colaboración a nivel de información e sensibilización a desenvolver, neste caso, con Alento, a asociación coa que comparten ámbito provincial.

A Coruña e Lugo en marzo

Con estas dúas reunións pechouse un ciclo iniciado en marzo co Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo e co da Coruña. Estas xuntanzas serven para continuar informando á poboación sobre a prevención das causas do dano cerebral adquirido e para sensibilizar sobre a realidade das persoas e familias con esta discapacidade, tanto pola vía da posta en común cos representantes colexiais como a través do desenvolvemento de accións conxuntas.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org