USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
06/02/2018
Organizado polo CERMI Galicia na sede da Xunta, en San Caetano.

Unha exposición da ONCE continúa o ciclo CapacitArte

O ciclo de exposicións CapacitArte, inaugurado o pasado decembro con motivo do Día da Discapacidade, continúa este mes cunha exposición sobre a discapacidade visual elaborada pola ONCE. Cada mes de 2018, o edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, vai acoller unha mostra sobre cada unha das discapacidades representadas no CERMI.

A primeira das mostras de CapacitArte, que se puido visitar durante decembro de 2017, reunía un total de 21 paneis, representativos do total do movemento asociativo da discapacidade en Galicia. FEGADACE participou na mostra informando, a través de dous deses paneis, sobre o DCA e as súas asociacións.

A exposición sobre a discapacidade visual foi inaugurada onte por responsables da ONCE, do CERMI Galicia e polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey. O presidente e a coordinadora de FEGADACE tamén asistiron ao acto.

O conxunto de 20 paneis da ONCE amosa o día a día da entidade, con imaxes das súas persoas voluntarias, pero tamén de voluntariado e doutros perfís implicados na entidade.

*Fotografía extraída da páxina web da Xunta de Galicia.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | 881 943 148 | fegadace@fegadace.org