USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 
20/09/2017
Entrega do V Premio FEGADACE - Miguel Blanco.

Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido o 27 de outubro

FEGADACE organiza, co obxectivo de conmemorar o Día Nacional do Dano Cerebral (26 de outubro) e o Día Mundial do Ictus (29 de outubro), unha Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido que terá lugar en Compostela, na mañá do venres, 27 de outubro.

Esta xornada ten como obxectivo afondar no dobre aspecto das causas e consecuencias do dano cerebral adquirido, e servir como telón de fondo do acto de entrega do V Premio FEGADACE - Miguel Blanco á xornalista María Escario.

A #XornadaDCA conta con ponentes de primeiro nivel, entre os que se atopa o neuropsicólogo e coñecido divulgador Álvaro Bilbao; o Xefe de Servizo de Clínica Médico Forense do Insituto de Medicina Legal de Galicia, Benito López-de Abajo; ou o Subdirector Xeral de Planificación e Programación Asistencial, Alfonso Alonso. Ademais, FEGADACE estará acompañada do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, e do alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Esta actividade terá lugar na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19), en Santiago de Compostela, desde as nove da mañá do 27 de outubro. A inscrición é aberta e gratuíta e pode tramitarse a través deste formulario de inscrición. O programa completo é o seguinte:

  • 09:00. Presentación e benvida. Luciano Fernández, presidente de FEGADACE.
  • 09:15. Inauguración institucional. José Manuel Rey, Conselleiro de Política Social
  • 09:30. Rehabilitación DCA: que esperan as familias?. Álvaro Bilbao, neuropsicólogo no Centro de Referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral (CEADAC).
  • 10:30. O traumatismo cranioencefálico como causa do DCA. Mª José Rodríguez de Armenta, xefa da Área de Atención a Vítimas de Accidentes de Tráfico da DGT.
  • 11:30. Pausa café.
  • 12:00. Causas do DCA e Plan Ictus. Alfonso Alonso Fachado, subdirector xeral de Planificación e Programación Asistencial do Sergas.
  • 13:00. Consecuencias do DCA. Tutela e curatela. Benito López-de Abajo, Xefe do Servizo de Clínica Médico Forense do Insituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA).
  • 14:00. Entrega do V Premio FEGADACE - Miguel Blanco. Victoria Gómez, xefa provincial da DGT de A Coruña.
  • 14:30. Clausura institucional. Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela.

Multimedia

Cartel Xornada sobre o DCA

Cartel da xornada (27/10/2017), na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19), en Santiago.

Programa Cartel Xornada sobre o DCA

Programa da xornada (27/10/2017), na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19), en Santiago.

 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org