USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 

Recursos de atención ao ictus

Analizando o coñecemento da diagnose e recursos das persoas con DCA, medindo a cobertura das necesidades do colectivo

FEGADACE puxo en marcha en 2016 un proxecto para estudar os recursos de atención ao ictus co apoio da Fundación Barrié e a Fundación Roviralta e a colaboración da Sociedade Galega de Neuroloxía (SGN). A finalidade desta investigación é dobre:

  1. Vai incrementar a información da que se dispón sobre o estado real dos servizos e produtos de atención ao ictus nos sistemas públicos de saúde e de protección social. Con esta información poderase facer unha planificación realista sobre a calidade e cantidade de atención, para así poder mellorala e satisfacer as necesidades efectivas das persoas con DCA.
  2. Vai servir como base para a elaboración dun estudo epidemiolóxico sobre o dano cerebral, xa que na actualidade só se conta con datos estimados de incidencia desta discapacidade. Ademais, a análise dos datos recompilados vai ser útil para medir o retorno social do investimento (SROI) na atención ao dano cerebral adquirido, é dicir, para calcular os beneficios –sociais e económicos- de mellorar a prestación de servizos ás persoas con DCA.

A recollida de datos realízase a través dunha enquisa que as persoas dadas de alta por un ictus que queiran colaborar co estudo deberán cubrir no momento da saída do hospital e unha vez pasados tres meses da mesma. As enquisas distribúense grazas á colaboración dos e das profesionais da SGN nos seis principais hospitais de Galicia.

Unha vez recollidos, procesados e analizados estatisticamente os datos realizarase unha xornada de presentación pública e un plan de reinvestimento do traballo realizado.

    • Folleto 'Coñecemento dos recursos de atención ao ictus'
 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Cabes. Casa das Asociacións. Rúa Manuel María, 6, 2º Andar - Despacho 2
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org