USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR

Fegadace: Federación galega de dano cerebral

 
Fegadace: Federación galega de dano cerebral

Páxina Inicio de Fegadace

...tamén en

rss
 

Persoas con dano cerebral

Convenio coa Consellería de Política Social

Respiro familiar

O respiro ten un dobre obxectivo: por unha banda é unha actividade de lecer, diversión e socialización para a persoa con dano cerebral e, pola outra, serve de descanso para o coidador ou coidadora principal. FEGADACE organiza, cando menos, un respiro ao ano. En 2017 esta actividade reformúlase para favorecer a participación a través da realización de cinco respiros.

CERMI e Fundación Vodafone

Proxecto de valoración da accesibilidade e utilidades das TIC para as persoas con DCA da Fundación Vodafone. Seis persoas usuarias das asociacións de FEGADACE participaron, en xuño de 2016, a través do CERMI, nun proxecto de valoración sobre a accesibilidade de hardware (tablets) e software (diferentes programas creados pola Fundación Vodafone para persoas con discapacidade).

Fundación La Caixa

Rede de apoio mutuo a persoas maiores e con DCA

Proxecto para o establecemento dunha rede de voluntariado na que persoas con dano cerebral e persoas maiores colaboren mutuamente. Por unha banda, e co obxectivo de promover a súa autonomía persoal, as persoas con DCA realizarán voluntariado coas persoas maiores, tratando de prestarlles apoio contra o aillamento e axuda en tarefas básicas. Por outra banda, as persoas maiores farán voluntariado nas cinco asociacións de dano cerebral a través de diferentes perfís.

Concedido a través da convocatoria de promoción da autonomía persoal e atención ao envellecemento, á discapacidade e á dependencia da Fundación La Caixa en 2017. O acordo de colaboración asinouse en xuño e comezará a desenvolverse no mes de setembro.

Comunícate conTICs, sen complexos

FEGADACE participou na Convocatoria 2013 de ‘Promoción da autonomía e atención á discapacidade e á dependencia’ da Obra Social La Caixa con ‘Comunícate conTICs, sen complexos’. Este proxecto destinouse á introdución das novas tecnoloxías na abordaxe da intervención logopédica no DCA. En concreto, ensaiouse o emprego das tablets no reforzo das capacidades comunicativas en persoas con afasia, que é unha secuela moi común no dano cerebral. Participaron 20 persoas. A continuación pódense consultar dúas experiencias:

Ademais, ao finalizar o proxecto recolléronse as conclusións das cinco logopedas participantes nunha guía de boas prácticas:

  • Recomendacións prácticas para o uso das TIC e da comunicación con persoas con DCA
  • Guía de boas prácticas elaborado por FEGADACE coa colaboración das logopedas Ana Isabel Sánchez (Renacer), Mª Jesús Gómez (ADACECO), Ruth González (Sarela), Sabela Veiga (ADACE Lugo) e Teresa Pérez (Alento).

  • Baixar ficheiro
 
  •  
  • Logotipo da Consellería da Política Social
  • Logotipo da Consellería de Economía
  • Logotipo da Deputación da Coruña
  • Logotipo do Concello de Santiago
  •  

Fegadace | Rúa Galeras, 17, 2º Andar - Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
659 177 709 | fegadace@fegadace.org