Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Engin Akyurt | | A síndrome de burnout

10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras

A neuropsicóloga de ADACE Lugo, Elisa López, asina un texto con recomendacións na revista Consumer.

19/11/2021

Coñécese como síndrome de burnout o desgaste emocional e físico que sofren as persoas coidadoras doutras en situación de enfermidade crónica ou de dependencia. Esta afectación é moi común nos coidadores e coidadoras de persoas con dano cerebral, tal como demostrou o estudo sobre o coidado informal no dano cerebral realizado por FEGADACE.

A terceira colaboración de FEGADACE coa revista Eroski Consumer recolle 10 consellos que a neuropsicóloga de ADACE Lugo, Elisa López Fernández, achega para afrontar o coidado evitando o desgaste e sen descoidar o autocoidado. O título do texto é 10 consejos para evitar el síndrome de burnout en las personas cuidadoras.

O texto describe e define a síndrome, achega pautas para recoñecela, e ofrece dez consellos para reaccionar e evitar o burnout.

Consulta aquí os anteriores artigos publicados por FEGADACE en Eroski Consumer:
 
  1. Cómo hacer el Camino de Santiago y prevenir daño cerebral adquirido
  2. El ocio, un derecho para las personas con discapacidad como el daño cerebral adquirido

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)