Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

O Dano Cerebral Adquirido

O dano cerebral adquirido é a discapacidade resultante dunha lesión no cerebro causada, na maioría dos casos, por un ictus ou un traumatismo cranioencefálico. Afecta a unhas 35.000 persoas en Galicia.

Co dano cerebral adquirido perde sentido falar de discapacidade física, psíquica ou sensorial: son moitas secuelas ao mesmo tempo, e preséntanse en diferentes graos e intensidades segundo a persoa.

> Fai unha doazón a través de BIZUM <



Infórmate

15/04/2024 | Santiago

FEGADACE presenta a Rede de Cidadanía Activa de persoas con dano cerebral

O grupo creouse para promover a autodeterminación e favorecer o exercicio de dereitos e a participación social.

10/04/2024 | Sanxenxo

FEGADACE imparte en Sanxenxo unha charla sobre o dano cerebral adquirido

A sesión vai ter lugar o 17 de abril ás 16:30 horas en Noalla, e tratará causas, secuelas e recursos de atención.

03/04/2024

Desde hoxe, 3 de abril, podes marcar 'X Solidaria' na túa declaración da renda

Únete ao #EquipoXSolidaria, decide o destino do 0,7% dos teus impostos e axuda a millóns de persoas.
 

02/04/2024 | Lugo

As persoas usuarias de ADACE Lugo practicaron mergullo adaptado

Unha sesión programada e impartida o pasado 9 de marzo pola asociacion 'Al agua sin limitaciones'.

02/04/2024 | Vigo

Alento organiza a acción formativa para profesionais 'O cambio é necesario'

Enmarcada dentro da EscuelaDCA da asociación viguesa, dirixiuse aos equipos de centro de día e residencia.

02/04/2024 | Ourense

DCA Ourense coñece os produtos de apoio AdaptaMaker, creados con impresións 3D

Persoas usuarias da asociación visitaron a Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense.

Proxectos

Cartel das Xornadas 2020

Xornadas sobre o dano cerebral adquirido

As Xornadas sobre o Dano Cerebral Adquirido teñen un perfil científico, académico e divulgativo, e serven para xerar e transmitir coñecemento arredor do dano cerebral. Son o marco de entrega do Premio FEGADACE-Miguel Blanco, que recoñece o labor dun axente social implicado na defensa do colectivo.
>Accede aquí a outros proxectos de divulgación

Descarga a nosa guía para familias!

A guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando alguén da túa familia está no hospital intenta paliar a desorientación dos primeiros momentos informando ás persoas e familias dos seus dereitos e dos recursos de apoio, atención e rehabilitación que existen no seu contorno.
>Hai máis recursos na sección Formación

Punto e seguido. A vida despois do DCA

Un ictus ou un accidente son cuestión de segundos. Un 'punto e seguido' para o que virá despois. Secuelas visibles e invisibles. Pero tamén apoio, rehabilitación, novos proxectos de vida, novas leccións e intereses. FEGADACE e as súas asociacións amosan esta realidade a través dun vídeo e dunha exposición fotográfica.
>Máis iniciativas de sensibilización aquí

 

 

Axenda

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Prevención

ICTUS | 3F: Fala, Forza, Faciana

O ictus é a principal causa do dano cerebral. Cómpre identificar rapidamente os síntomas de alarma para acudir canto antes ao hospital. O tempo é cerebro.
FEGADACE promove a educación para a saúde desenvolvendo campañas de prevención do ictus e das outras causas do dano cerebral.

 

Asociacións Federadas

Documentación

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

PROTECCIÓN DE DATOS